NG: falsa acacia, arcacio NC: falsa acacia, robinia

 -2 exemplares-


Taxonomía:

  • División: Magnoliophyta
  • Clase: Magnoliópsida
  • Orden: Fabales
  • Familia: Fabacea
  • Xénero: Robinia
  • Especie: Robinia pseudoacacia L.

Etimoloxía: de Jean Robin, botánico francés.

Descrición: árbore caducifolio que pode alcanzar ata 25 m de altura, con ramas ás veces espiñentas. Cortiza escura con fisuras.

Follas: compostas, con 11-21 folíolos de forma elíptica e extremo redondeado, e dous estípulas na base que, nos rebrotes, transfórmanse en espiñas.

espiñastronco

Flores: moi vistosas, brancas, en acios colgantes, aromáticas.

flores finflorescencias femeninas

Floración:

Froitos/sementes: froito en legume aplanadas e rectas, duns 5-10 cm de lonxitude. Sementes con forma de ril de cor laranxa escura.

sementes
sementes
frutos
froitos

 

 

 

 

 

 

 

Usos: utilízase como ornamental en rúas, xardíns, noiros de estradas, ribeiras de ríos. Crece con rapidez, soporta ben os ambientes secos e as condicións de vida urbanas. Produce unha madeira dura e pesada, moi resistente, que proporciona boa leña.

Observacións
Cultívanse variedades con e sen espiñas. As súas flores son comestibles, coñécense vulgarmente como pan e queixo. Follas e sementes tóxicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s